A agrupación local de Protección Civil de Muxía leva traballando no municipio desde 1992.
O 26/10/1992 desapareceu a gamela Gallina Blanca con 2 tripulantes (Polito e Abel, pai e fillo a bordo). Durante días, os barcos de Muxía non saíron a faenar para buscar os cadáveres.
O 6/11/1992 os buzos atoparon a gamela.
O día 10/11/1992 apareceu o corpo de Polito na Praia do Lago. Foron moitas as persoas que viñeron a Muxía para colaborar na súa busca.
O actual presidente, Ramón Pérez Barrientos, daquela era policía municipal e coñecía xente de agrupacións de Protección Civil doutras localidades. Vendo a resposta da veciñanza decidiu facer unha reunión para crear a Agrupación en Muxía.